Este mércores 20 de marzo pola mañá tivo lugar na sede da patronal boirense (ABE) o sorteo dos premios correspondentes á Campaña do Día do Pai que tiña como obxectivo premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados.
Nesta ocasión os premios foron dous bonos de 50€ para mercar calquera dos miles de produtos que ofrecen as 208 empresas asociadas a ABE e que recaeron en María Luz Silva Toucedo e Raquel Piñeiro Blanco que rexistraron, na web da ABE (www.abe.gal), os tíckets de compra de Tiendas Pillados e Hipermarket Haomai.
Na campaña, que tivo lugar entre o 1 e o 19 de marzo, rexistráronse 1387 tíckets de compra na web da ABE.




