Barafunda Teatro leva a Boiro (este venres) o seu espectáculo familiar “Antón, un neno diferente”

19 Marzo 2024

Barafunda Teatro trae esta semana a Boiro o espectáculo familiar Antón, un neno diferente. Será este venres 22 ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Boiro.

A obra relátanos a historia de Antón, un neno que naceu fisicamente distinto aos habitantes da súa vila, que facían burla del e reprochábanlle todo o malo que pasaba na vila. Un día unha epidemia de variola infectou a toda a poboación menos a Antón e os veciños decidiron expulsalo da vila. Na súa viaxe atópase camiño dun mostro (que é realmente o Mago Uxío que está baixo un feitizo e ofrécelle ao neno cumprir un desexo se pode axudarlle a desfacerse deste feitizo)…

Trátase dun espectáculo multidisciplinar de teatro de actores e monicreques en diversas técnicas (sombras, bunraku, obxectos…) dirixido a público familiar e infantil. A través dunha historia fantástica, a obra toca temas como a migración forzada e o acoso, poñendo o foco na importancia de valores coma a tolerancia, o amor, o respecto pola diversidade e, sobre todo, a valentía para afrontar os obstáculos e lograr os obxectivos que nos propoñamos..

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...