Sábado segue a choiva e temperaturas sen cambios

15 Marzo 2024

O sábado Galicia queda na influencia das baixas presións, co paso dunha fronte na segunda metade da xornada. Así, comezaremos cos ceos nubrados e a partir do mediodía chegarán as chuvias que serán máis persistentes na franxa atlántica e menos probables no leste da provincia de Ourense. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas non sufrirán cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente sur, fortes na Costa da Morte durante a mañá.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á noite e do sur á tarde, forza 4 a 6 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá, 2.5 a 3 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...