A 6ª edición do Pasabares da Pobra fusiona música tradicional e hostalería

08 Marzo 2024

Como antesala da Festa do Carme do Castelo, a sexta edición do Pasabares da Pobra levará a música tradicional á hostalaría no 16 de marzo, a partir das 20.00 horas. Incorpórase tamén unha novidade: o concerto de Río de Anxo e Varacuncas, ás 22.30 horas, nun toldo disposto na zona da Covecha, que acollerá tamén unha foliada.

No acto de presentación celebrado este venres 8 participaron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e representantes da comisión do Carme do Castelo: o seu presidente, José María Abuín; o tesoureiro, Ricardo Santamaría; o vogal Juan Manuel Fernández e a vogal Mari Carmen Miranda.

Segundo sinalou Lojo, o evento chega para “dinamizar a vila culturalmente na segunda quincena do mes de marzo, antes da chegada da axenda lúdica propia do verán, ademais de encher a localidade do noso folclore”.

Doutra banda, o presidente da entidade agradeceu a colaboración de tódalas partes implicadas e informou de que “se estima unha importante afluencia de persoas, pois xa está confirmada a chegada dun autobús completo procedente de Noia”.

Participarán os seguintes grupos: A Dorniña de Abanqueiro, A.C. Pedra da Aroña, AMBT Vai de Roda, Andavía, Argalleiros, Arrancadeira, Caraveiros, Chorimas, Gaiteiros do GBMT Tahúme, Jaitas Blue, Nunca é Tarde, Os da Boina, Os Laxeiros, Os Liantes, Os Pequenos do Barbansa, Os Sentenarios, Reviravolta, Rianxeiras da Covecha, Saljariteiros, Sons da Illa, Trécola, Troula na Barquiña, Xiada e Luminaria.

O ritmo soará nos bares 420, A de Rosa, Alameda, Amanitas, Anduriña, Bar Nuevo, A Barquiña, Blue Moon, Brisas, Canalejas, Curotiña, Don Miguel, Gelys, La Bolera, La Embajada, Liceo, London, Miramar, Mordiscos, O Galeón, O Malecón, Olimpo, Sisal e Tertulia no Laño.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.