Este mércores 6 de marzo pola tarde, en horario de 18.00 a 20.00 horas, a Casa da Cultura de San Pedro de Muro (Porto do Son) vai acoller unha charla informativa para familias centrada en achegarlles recursos para afrontar os conflitos que poidan xurdir relacionados coa educación e coa vida familiar.
A sesión vén da man de CAFI Galicia, a Xunta e o Concello de Porto do Son. A persoa encargada de impartir os contidos será Mercedes Urbiola, experta en comportamento infantil.
Na sesión de feito, a relatora subministrará claves e recursos para axudarnos a entender actitudes e a “conectar” cos nenos para lograr a súa cooperación, “establecendo deste xeito unha comunicación fluída e unha aprendizaxe bidireccional”.




