Ribeira garda un minuto de silencio polas vítimas do incendio de Valencia

26 Febreiro 2024

O equipo de Goberno do Concello de Ribeira e a Corporación local ao completo reuniuse este luns 26 de febreiro diante do Auditorio Municipal (o Consistorio en funcións mentres duran as obras de reforma da actual Casa Consistorial) para facer unha homenaxe ás vítimas do incendio de Valencia. Os integrantes do Executivo e da Corporación gardaron un minuto de silencio para mostrar o seu pesar polas dez persoas que perderon a vida no lume que afectou a dous edificios da dita cidade. O rexedor ribeirense, Luís Pérez Barral, mostrou o recoñecemento ao traballo desempeñado polos equipos de extinción e de emerxencias ante este tráxico suceso e envioulles as sentidas condolencias ás familias.


Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...