O Parque das Illas Atlánticas impartirá en abril unha xornada de ornitoloxía para guías acreditados

26 Febreiro 2024

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia impartirá no mes de abril unha xornada de ornitoloxía dirixida a guías acreditados para afondar e dar a coñecer as distintas especies de aves presentes nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

A actividade formativa, na que as persoas interesados poderán inscribirse ata o 15 de marzo de forma gratuíta a través do seguinte formulario en liña, contará cunha sesión teórica, que será impartida en horario de mañá o vindeiro 6 de abril no Edificio Cambón de Vigo polo biólogo e mestrado en Restauración de Ecosistemas, Diego Rodríguez.

O curso de ornitoloxía completarase tamén cunha parte práctica, de sete horas de duración, que se desenvolverá os días 13 e 14 do mesmo mes en Cíes, en dúas quendas de 20 persoas cada unha.

Para participar na xornada de ornitoloxía Descubrindo as aves das Illas Atlánticas ofértanse un total de 40 prazas. Terán prioridade de acceso os guías titulados do PNMTIAG e en caso de non cubrirse, admitiranse tamén persoas que non conten con esta acreditación específica. De recibirse máis solicitudes que prazas, ademais de primar aos guías do parque, procederase a facer un sorteo entre todos os solicitantes.

Outros artigos

O Magosto Solidario de Lousame reúne a centos de persoas

O pasado sábado, 7 de novembro, o Concello de Lousame celebraba o seu Magosto Meigo. Logo de ser adiado por mor do loito nacional polo accidente ferroviario de Urda, o polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra acollía este festexo solidario coa Cruz Vermella de...

+

Rianxo acolle o sábado un obradoiro audiovisual para a rapazada

O Auditorio Municipal de Rianxo vai ser o escenario dun obradoiro formativo que mostrará os segredos da filmación ás novas xeracións rianxeira. Trátase do Obradoiro Audiovisual Crea a túa curta, organizado pola Asociación Alberto Romero coa colaboración do Concello de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.