O Pazo de Goiáns (Boiro) acolle esta “finde” dúas xornadas de homenaxe a Rosalía de Castro

22 Febreiro 2024

Boiro vai celebrar o Día de Rosalía cun amplo programa de actividades previstas para o venres 23 e o sábado 24 no Pazo de Goiáns.

Na primeira xornada, as actividades virán da man da Asociación Cultural Barbantia, o xornal La Voz de Galicia, a Editorial Xerais e o propio Concello de Boiro. Será no Pazo de Goiáns a partir das 20.30 horas. No acto intervirán Xesús Laíño, vogal de Barbantia, María Xesús Blanco, presidenta de Barbantia, María Outeiral, concelleira de Cultura de Boiro. e Ana Cabaleiro, autora.

O programa de actividades inclúe unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro e a presentación do libro Xa vemos as palmeiras de Ana Cabaleiro. O acto complementarase coa presentación do suplemento cultural A Voz de Barbantia nº 192, que sairá á rúa o sábado, 24 de febreiro, con La Voz de Galicia. Máis información na web de Barbantia e na canle Café Barbantia.

Ao día seguinte, sen saírnos do Pazo, o Concello organizará unha actividade teatralizada a partir das 20.00 horas. A visita guiada de homenaxe a Rosalía virá da man de Os Quinquilláns e Luis “O Caruncho”. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse na Casa da Cultura a través do teléfono 981 84 84 25.

Inscricións na Casa da Cultura de Boiro ou no 981 84 84 25.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.