Trabandainas celebra este domingo unha andaina de 15 e 25 quilómetros enmarcada na Liga Galega de Sendeirismo

20 Febreiro 2024

Este domingo 25 de febreiro celebrarase en Noia unha andaina abeirada á Liga Galega de Sendeirismo. Achegaranse dúas distancias: unha curta de 15 quilómetros e outra longa de 25. Os detalles da camiñada foron achegados este martes 20 no Consistorio, nun acto que contou coa presenza dos integrantes do Club Trabandainas (organizador da iniciativa) e, por parte do Concello, dos concelleiros Laura Salgado e Santi Rodríguez.

O prazo para inscribirse na proba remata o 22 de febreiro e non é preciso estar federado para poder participar.

Temos máis información sobre o evento deportivo na web do Club Trabandainas, onde tamén podemos formalizar a inscrición.

Organiza Trabandainas coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello e a Xunta.

Como dixemos, esta andaina forma parte da Liga Galega de Sendeirismo 2024, contemplada no Calendario de Actividades da Federación Galega de Montañismo.

Información da ruta

Data: 25 de Febreiro 2024

Distancia: Rutas Circulares de 25 km e 15km, aprox.

Dificultade: 25km Media-Alta e 15km Media

Peche de Inscricións: 22 de Febreiro, ás 23:59 horas

Entrega de dorsais: dende as 8:00 ata as 8:45 horas

Punto de Saída: IES San Alberto

Inicio da Andaina de Noia 25 km: 9:00 horas

Inicio da Andaina de Noia 15 km: 9:10 horas

Punto de Chegada: Polideportivo do Instituto San Alberto

3 avituallamentos e petiscos ao final da ruta, coa entrega de premio

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.