18F. Besteiro reafirma o seu “compromiso inquebrantábel con Galicia” e confirma que traballará dende a oposición no Parlamento

19 Febreiro 2024

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reafirmou este domingo 18 de febreiro, logo de coñecerse os resultados das eleccións autonómicas, o seu “compromiso inquebrantábel con Galicia”. Amais, confirmou que traballará dende a oposición no Parlamento de Galicia “para traer a Galicia as mellores oportunidades” e dende unha “política útil traballando por unha Galicia mellor”.

O candidato socialista agradeceu o apoio recibido pola cidadanía na convocatoria electoral e avogou por consolidar dende a oposición unha “alternativa real e segura co nome do PSdeG” a través dun “proxecto recoñecido dende Galicia”. Ratificou a súa aposta pola “política de proximidade, de maioría, que soluciona os problemas dos galegos e das galegas”.

Anunciou un traballo “moito máis profundo” na procura de “máis empregos, dereitos e oportunidades” para o país porque, puntualizou, “ningún cambio é fácil nin se consegue da noite para a mañá”. Besteiro recoñeceu que “non foron os resultados que agardabamos”, e confirmou que esta mesma noite trasladou ao candidato do PP a súa felicitación en nome dos socialistas galegos polos resultados nas eleccións de hoxe.

Agradeceu tamén o comportamento da cidadanía galega e dos votantes, aos que lles pediu que “manteñan viva a forza da ilusión que tivemos na campaña” electoral para artellar a oposición e “conseguir mellores resultados no futuro e impulsar o cambio para Galicia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

Fóra da casa tronaba e os tronos escoitábanse nos cuartos, na cociña e no escritorio. No curral e nascortes do gando, moito máis, metían medo. O son dos tronos entraba na casa polo teito e polasventás de madeira, polas regañas das portas, polos ouvidos da xente e polo...

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.