O vicepresidente da Deputación compromete o seu apoio ás actividades e obxectivos da Asociación de Empresarios de Ribeira

09 Febreiro 2024

A directiva da Asociación de Empresarios de Ribeira mantivo esta semana, o mércores 7 de febreiro, unha xuntanza de traballo co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira Varela. A reunión encadrouse nas actividades desenvolvidas pola patronal para “lograr que Ribeira progrese como corresponde á súa identidade de poboación, industria, hostalería, restauración, comercio e demais axentes que compoñen a nosa economía”. A maiores, o obxectivo destas xeiras de traballo é “contar co apoio das diferentes institucións da nosa Autonomía que nos permitan desenvolver todas as actividades que poidan ser de utilidade para conseguir os obxectivos marcados”.

Na reunión deste mércores estiveron presentes o presidente e o secretario da patronal ribeirense, Francisco Martínez Gude e Juan Martínez, respectivamente. No transcurso da xornada expuxéronlle ao vicepresidente provincial as necesidades da asociación para os diferentes eventos que desenvolve a entidade co obxectivo de impulsar e fortalecer os sectores comercial, industrial, hosteleiro, restauración, talles como Gastromar, ou a Feira de Coches Electricos, eventos de tipo comercial ou industrial, así como outros lúdicos desenvolvidos durante o transcurso do ano.

“As nosas demandas foron acollidas con gran interese pola súa banda e brindounos todo o apoio do seu departamento tanto para as actividades xa en marcha, como para aqueloutras novas que queremos levar a cabo no futuro”, explicou a directiva da patronal, salientando tamén “a cordialidade coa que fomos recibidos e a sinceridade de formulación do seu apoio como representante que é da Deputación da Coruña”.

E engadiron: “Desexamos e pedimos que todas as institucións se unan no esforzo de levar adiante as iniciativas que nos permitan lograr unha Ribeira puxante e para que sexa referente non só na comarca do Barbanza, senón en toda Galicia e España”.

A patronal tamén agradeceu o esforzo e dedicación que o Concello vén facendo para a obtención destes logros, mediante o seu apoio e colaboración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.