Publicados en liña os resultados do censo e seguimento da poboación reprodutora de novas aves mariñas en 2022 con presenza nas Illas Atlánticas

08 Febreiro 2024

A Xunta de Galicia publicou na súa páxina web unha monografía na que se recompilan os resultados dos traballos de censado e seguimento da poboación reprodutora dun total de nove especies de aves mariñas realizados ao longo do litoral galego. A publicación enmárcase nos programas de seguimento das estratexias mariñas de España para o período 2018-2024, un labor que segundo lembra a Consellería de Medio Ambiente, resulta necesario “para a avaliación do estado de conservación das especies de cada territorio e permite dispoñer de información de base para o deseño das medidas de xestión necesarias para a súa protección”.

Deste xeito, Galicia conta cun inventario actualizado sobre as poboacións reprodutoras de corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis), gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), gaivota patiamarela (Larus michahellis), gaivota escura (Larus fuscus), gaivotón (Larus marinus), arao común (Uria aalge), pardela cincenta (Calonectris borealis), paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e gabita (Haematopus ostralegus).

Algunhas destas especies foron incluídas na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE)) ou nos catálogos español e galego de especies ameazadas.

Os traballos para o seguimento destas especies efectuáronse durante o ano 2022 ao longo de todo o litoral galego e en coordinación co programa anual que desenvolve desde hai máis dunha década o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia para analizar a evolución das aves mariñas presentes nos catro arquipélagos.

De feito, a publicación reúne as conclusións de todos os traballos realizados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural co mesmo fin durante o ano 2022.

A Consellería de Medio Ambiente engade que “agás no caso do paíño europeo, do que existe aínda un importante descoñecemento sobre a súa distribución en Galicia, e no da pardela cincenta, que non foi censada no Parque Nacional en 2022, para as demais especies obxecto desta publicación realizouse un censo completo da poboación reprodutora na Comunidade no ano 2022”.

Co fin de “darlle a máxima difusión aos censos e datos dispoñíbeis”, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pon á disposición da cidadanía na súa páxina web esta publicación, con prólogo de Ángeles Vázquez e á que se pode acceder a través da web da Consellería.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.