O Club Financiero de Santiago presentará unha diagnosee conómica de Ribeira no marco do Informe de Conxuntura Económica de Galicia

02 Novembro 2026

O Club Financiero de Santiago presentará no venres, 6 de novembro, en Ribeira o Informe de Conxuntura Económica (ICE) de Galicia 2025, nunha xornada na que se darán a coñecer as particularidades e os retos da economía ribeirense no marco das principais conclusións do estudo para o conxunto da comunidade.

O acto comezará ás 12.30 horas na sala polivalente do Auditorio municipal e contará coa participación da alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e do presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira Costa.

Será María Bastida, catedrática en Economía da Universidade de Santiago e integrante do equipo redactor do ICE, a encargada de explicar o documento e afondar no diagnóstico económico de Ribeira, achegando unha visión específica da estrutura produtiva do municipio, as súas fortalezas e os desafíos que condicionan o seu desenvolvemento.

O ICE 2025 ofrecerá, por primeira vez, unha diagnose estratéxica do conxunto de Galicia, máis alá da análise provincial. O informe estuda a realidade económica galega a través de cinco ámbitos de decisión -empresa, mercado, territorio, institucións e ecosistema- e identifica os principais factores que condicionan a capacidade de crecemento do tecido produtivo.

Deste xeito, achégase coñecemento económico ao territorio e promóvense espazos de reflexión sobre as oportunidades e os retos que afrontan os municipios galegos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.