O certame Enreguéifate celebra dez anos de andaina

17 Novembro 2026

O certame Enreguéifate celebra unha década de traballo arredor da improvisación oral en verso como vía para o fomento da lingua galega entre a mocidade, tanto a nivel presencial coma nas redes. O proxecto, impulsado polos servizos de normalización lingüística de Ames, Arzúa, A Baña, Carballo, Narón, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo presentou hoxe o programa da súa décima edición.

Na presentación oficial participaron a concelleira de Mocidade e Educación de Ames, Beatriz Martínez Domínguez; o concelleiro de Infancia e Xuventude de Arzúa, Daniel Moscosco Sixto; a concelleira de Acción social, Cultural e Servizos á Cidadanía da Baña, Mónica González Blanco; a concelleira de Deportes, Relacións Veciñais, Festas, Rural e da UMAD de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro García; os formadores do Enreguéifate Manuele Pardo e O Rabelo e mais o mestre e regueifeiro Manolo Maseda, parte da organización do Enreguéifate xunto con Séchu Sende. Tamén asistiron ao acto as técnicas dos servizos de normalización lingüística dos concellos impulsores do proxecto.

Baixo o lema Enreguéifate, construíndo patrimonio, “esta edición celebra dez anos de colaboración e traballo conxunto entre os concellos, a comunidade educativa e a cidadanía”, segundo apuntaba a concelleira amesá, salientando tamén “o carácter expansivo, integrador e inclusivo da regueifa” e a vontade de medrar do proxecto, que este ano conta con dous concellos máis, A Baña e Narón, entre os seus impulsores. E que seguirá a medrar, nas palabras de Beatriz Martínez, “espallando o amor pola lingua, a poesía, a oralidade e o enxeño”.

O programa de actividades arrincou o pasado 23 de outubro cun obradoiro de formación para o profesorado no Pazo da Cultura de Pontevedra. A actividade, á que acudiron docentes de toda Galicia para recibir formación da man de Manolo Maseda, Séchu Sende, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, ofreceu ao profesorado asistente a oportunidade de coñecer ou afondar no valor da regueifa como ferramenta didáctica para “explorar estratexias para fomentar a expresión, a empatía e o traballo en equipo nas aulas e trasladar ao estudantado valores como a diversidade, a cooperación, a integración e o feminismo”, indicaron.

Arrincan os obradoiros escolares no concello de Santiago

Desde hoxe e ata marzo de 2027, realizaranse máis de 80 obradoiros de improvisación oral destinados a escolares de 5º e 6º de primaria e da ESO dos oito concellos impulsores do Enreguéifate. Estes obradoiros serán conducidos por profesionais da regueifa que transmitirán o testemuño deste patrimonio vivo ás crianzas e á mocidade. Esta edición contará coa sabedoría e a arte de ata unha decena de persoas formadoras, entre as que se atopan Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, Nuria das Cruces, Manuele Pardo, O Rabelo, Icía Díaz, Hadrián García, Tiziana Martínez, Cristian de Burela e Sergio Alonso.

Os obradoiros escolares do Enreguéifate arrincaron esta mañá no concello de Santiago, no que se impartirán dezasete obradoiros repartidos en nove centros escolares composteláns: o Colexio Plurilingüe Vilas Alborada, o CEIP López Ferreiro, o IES Antonio Fraguas, o IES Lamas de Abade, o IES de Sar, o CIFP Compostela, o IES Eduardo Pondal, o CEIP Apóstolo Santiago e o IES Rosalía de Castro.

A programación inclúe o agardado certame de regueifas en vídeo. As persoas que queiran inscribirse poderán facelo do 1 de marzo ao 6 de abril de 2027, enviando un vídeo no que participen, como mínimo, dúas persoas regueifando en galego sobre un tema libre, cun máximo de tres minutos de duración. A inscrición poderá realizarse a través da páxina web do Enreguéifate, onde tamén estarán dispoñiíbeis as bases completas do certame.

O certame volverá premiar os mellores vídeos nas modalidades de regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada, mellor falada, máis inclusiva e máis entroideira. Oito premios por cada categoría –escolar e xeral– que teñen como obxectivo recoñecer a calidade e o enxeño creativo das regueifeiras e dos regueifeiros do país.

O Pazo da Cultura de Carballo será o escenario da entrega destes galardóns, nunha gala que terá lugar o martes, 27 de abril de 2027, ás 11:30 da mañá, nunha xornada que se converterá, segundo sinalou a concelleira de Santiago, Pilar Lueiro, “nun espazo de encontro para a palabra, a música, o humor e a creatividade” para “celebrar a tradición da man de aquelas persoas e colectivos que constrúen, comparten e impulsan a nosa cultura, en comunidade”.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a quinta edición da Muiñada do Araño

A Asociación de Veciños de Araño, en colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, organiza este sábado 21 de novembro en Buhía-Araño a quinta edición da súa Muiñada. A actividade busca reivindicar e poñer en valor os antigos muíños de auga situados na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tres mestres” – Xulio Xiz

“Tres mestres” – Xulio Xiz

Moitas veces teño pensado na vida que terei perdido por non ser mestre, como era a miña intención cando en Vilalba estudaba a única carreira posible, como non fose acudir ao Seminario. Levoume o vento cara á cultura e a información, e non me pesa, aínda que teño...

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

¿Quiénes son los facistas? Fascistas son los que te impiden hablar, los que te tiran piedras y golpean para callarte. Fascistas son lo que pintarrajean las facultades universitarias, cuna del pensamiento, libertades y boicoteen el derecho a tu libre expresión,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.