Comeza a conta atrás para a quinta edición da Muiñada do Araño

17 Novembro 2026

A Asociación de Veciños de Araño, en colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, organiza este sábado 21 de novembro en Buhía-Araño a quinta edición da súa Muiñada.

A actividade busca reivindicar e poñer en valor os antigos muíños de auga situados na contorna do rio Te, na parroquia de Santa Baia de Araño (Rianxo).

A Muiñada do Araño (tamén coñecida como Muiñada no Té) é unha xornada cultural, etnográfica e festiva que adoita comezar cunha visita aos muíños da contorna e cunha xeira de moenda. O punto de saída serán os muíños do Cubo da Ermida para logo visitar o de Quintáns, o da Veiga e o de Lemos.

A xornada inclúe unha novamente vertente musical con agrupacións tradicionais galegas, desta volta contarase ao mediodía co grupo No Cómbaro e con Cé Orquestra Pantasma.

Tamén haberá petiscos nos muíños, un campionato de debullado de millo e un concurso de sobremesas (postres) de outono.

Pola tarde a partir das 16.30 celebrarase unha tarde de xogos populares para a rapazada na contorna do Centro Cultural da Capela con monitores e logo ás 19.00 contarase coa presenza do clown Peter Punk, que achegará ás nenas e nenos (e maiores) o espectáculo Peor imposible.

A vertente musical proseguirá polo serán (a partir das 20.30 horas) cos boirenses D’Crooners, The Cuncas e Model Music, seguidos do DJ Blas. Haberá pizzas do país (pizzas artesanais feitas en forno de leña).

Outros artigos

O certame Enreguéifate celebra dez anos de andaina

O certame Enreguéifate celebra unha década de traballo arredor da improvisación oral en verso como vía para o fomento da lingua galega entre a mocidade, tanto a nivel presencial coma nas redes. O proxecto, impulsado polos servizos de normalización lingüística de Ames,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tres mestres” – Xulio Xiz

“Tres mestres” – Xulio Xiz

Moitas veces teño pensado na vida que terei perdido por non ser mestre, como era a miña intención cando en Vilalba estudaba a única carreira posible, como non fose acudir ao Seminario. Levoume o vento cara á cultura e a información, e non me pesa, aínda que teño...

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

¿Quiénes son los facistas? Fascistas son los que te impiden hablar, los que te tiran piedras y golpean para callarte. Fascistas son lo que pintarrajean las facultades universitarias, cuna del pensamiento, libertades y boicoteen el derecho a tu libre expresión,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.