A RAG incorpora ‘canteirán, canteirá’ ao seu dicionario tras unha petición do RC Celta

17 Novembro 2026

A Real Academia Galega vén de sumar unha nova acepción para este termo a raíz da solicitude formal presentada polo club vigués.

A institución académica aproba tamén dúas novas acepcións para o termo ‘canteira’ logo de analizar a proposta do club vigués e documentar o seu uso metafórico na prensa galega desde 1917.

O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) vén de incorporar oficialmente o lema «canteirán, canteirá» como nova entrada, ademais de engadir dous novos significados á palabra «canteira». A actualización léxica prodúcese tras unha petición formal trasladada á institución polo Real Club Celta de Vigo.

Segundo detallou a propia Academia, ao recibir a proposta do club celeste púxose en marcha un estudo previo arredor dos significados de «canteira» cos que estaría relacionada a nova voz. A coordinadora do Seminario de Lexicografía, María Dolores Sánchez Palomino, explicou que, tras esta análise, acordouse sumar ao DRAG dúas acepcións para «canteira»: «lugar ou institución de procedencia de persoas talentosas para unha actividade especializada, particularmente no ámbito deportivo» e «conxunto de deportistas que se forman nun mesmo club», esta última coa marca diatécnica de Deporte.

Dobre condición e exemplos con chiscadela ao Celta

En canto a «canteirán, canteirá», Sánchez Palomino sinalou que entra no dicionario coa súa dobre condición gramatical:

  • Como adxectivo: «[Deportista] que se formou na canteira do seu club», ilustrado cun exemplo que visibiliza o feminino: «As baixas obrigaron a recorrer a varias xogadoras canteirás».
  • Como substantivo: «Deportista que se formou na canteira do seu club». Neste caso, a elección dos exemplos inclúe unha referencia directa á entidade que impulsou a incorporación: «Vinte e dous canteiráns debutaron co Celta nos últimos dez anos».

Pola súa banda, os exemplos escollidos para «canteira» abranguen tanto o ámbito deportivo galego e estatal como o seu emprego noutros sectores, entre eles o universitario.

Evolución semántica e uso documentado en 1917

Desde a RAG salientan que estas incorporacións reflicten a evolución semántica dunha palabra cuxo significado primitivo é o de «lugar de onde se extrae a pedra». Etimoloxicamente, fórmase a partir de «canto» —na acepción de pedra pequena, especialmente a que a erosión volveu lisa e redondeada— e do sufixo «-eira», moi produtivo en galego para crear substantivos co sentido de «sitio onde abunda algo».

A institución subliña ademais que o emprego metafórico de «canteira» ligado a persoas con talento formadas nun mesmo espazo xa se atopa documentado na prensa galega de hai máis dun século. Como proba diso, cita o caso da publicación A Nosa Terra, que nunha das súas páxinas do ano 1917 xa recorría a este termo para reivindicar a aposta pola formación da mocidade do país con talento musical.

Outros artigos

O Parque Natural de Corrubedo presenta a folla de roteiro para 2027

Este martes 17 de novembro celebrouse a reunión da xunta reitora do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, na que se abordaron as accións desenvolvidas neste espazo natural en 2026 e as previsións para o próximo ano. Na xuntanza de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tres mestres” – Xulio Xiz

“Tres mestres” – Xulio Xiz

Moitas veces teño pensado na vida que terei perdido por non ser mestre, como era a miña intención cando en Vilalba estudaba a única carreira posible, como non fose acudir ao Seminario. Levoume o vento cara á cultura e a información, e non me pesa, aínda que teño...

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

¿Quiénes son los facistas? Fascistas son los que te impiden hablar, los que te tiran piedras y golpean para callarte. Fascistas son lo que pintarrajean las facultades universitarias, cuna del pensamiento, libertades y boicoteen el derecho a tu libre expresión,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.