“Xosé Manuel Beiras xa é do mundo de todos” – Antón Luaces

10 Outubro 2026

Despedíase o decenio dos 60 do século pasado cando coñecín persoalmente a Xosé Manuel Beiras, con quen -anos máis tarde e especialmente no Parlamento de Galicia- mantiven estreita conexión. 

O contacto entre ambos os dous comezou coa xeira de conferencias que o profesor e economista dictara na sede do Banco do Noroeste recompiladas na publicación Estructura y problemas de la población gallega editada na Coruña polo Servicio de Estudios do Banco del Noroeste no ano 1970. Foi esta unha das obras económicas de referencia do autor e do sector -daquela incipiente- dunha Galicia que percuraba vieiros que tal ensaio demográfico  e económico albiscaba para un futuro que pouco tardou en ir esparexendo as súas enormes posibilidade, como se puido constatar posteriormente.

Este traballo de Xosé Manuel Beiras -seguido moi de preto pola policía franquista, sempre presente nas conferencias do profesor Beiras- recollía nunha ampla análise en profundidade o avellentamento, a emigración e o modelo poboacional galego que outros autores desenvolverían posteriormente apoiados no célebre“O atraso económico de Galicia (1972). 

Tódolos medios de comunicación de Galicia recollen o falecemento aos 90 anos de Beiras Torrado acontecido o xoves. Histórico dirixente nacionalista galego deixa unha fonda pegada na historia política, académica e intelectual da Galicia contemporánea.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.