O Lab Barbanza acolleu unha xuntanza de networking entre emprendedoras/es

07 Outubro 2026

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participou esta mañá nun encontro cos coworkers do Lab Barbanza de Boiro para coñecer as novas incorporacións e as súas ideas de negocio, así como o avance dos proxectos empresarias dos emprendedores aloxados no espazo.

Na actualidade hai unha 20 de proxectos emprendedores que se atopan en distintos momentos, dende a fase previa de maduración de idea a xa a constitución como empresa para comezar a súa traxectoria. Entre os novos proxectos atópanse emprendedores centrados no ámbito turístico; outros especializados en software; ou as artes.

O obxectivo deste encontro de networking foi a posta en común da actividade que están a desenvolver os distintos coworkers para poder crear sinerxías entre os propios usuarios do espazo e levar a cabo actividades e proxectos en común.

O espazo coworking Lab Barbanza do Concello de Boiro forma parte da Rede de Espazos de traballo colaborativo da Deputación da Coruña. Está situado no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro no Polígono de Espiñeira, un espazo multidisciplinar no que se desenvolven actividades formativas de diversa índole.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Xogar coas vidas”. Xosé Antonio Silva

“Xogar coas vidas”. Xosé Antonio Silva

Lucia e Jason son unha parella de noivos que rouba, atraca, dispara, consome drogas e escapa da policía por unha cidade imaxinaria moi parecida a Miami. Son os protagonistas da sexta entrega do videoxogo Grand Theft Auto, o GTA, que vén de chegar ás tendas e, segundo...