
Este venres 11 de setembro proseguen as actividades do programa Mes da Danza impulsado polo Concello de Boiro. Farano ás 20.30 no Pazo de Goiáns e cun espectáculo de baile da Escola de Ballet Cen Plies no marco do Mes da Danza boirense, que inclúe actuacións de grupos locais e compañías profesionais. A
A axenda prosegue o sábado 12 ás 12.00 horas na rúa peonil, con Marta Alonso.
O domingo 13 no Pazo de Goiáns ás 18.00 horas, actuación de AC Pedra da Arona.
A gran novidade deste ano é que o mes da danza inclúe unha conferencia do crítico, historiador e especialista internacional en danza e ballet, Rober Salas; unha actividade promovida pola Fundación Alcalde Varela que terá lugar o sábado 19 ás 19.00 horas no Pazo de Goiáns.
O domingo 20 ás 18.00 horas tamén no Pazo de Goiáns terá lugar a actuación de Xilbarbeira. E o mes da danza rematará na última fin de semana de setembro co serán das Angustias, na Ponte Beluso, que será o sábado 25 ás 20.00 horas e o domingo 26 no Pazo de Goiáns actuación de ballet de AC Pedra da Aroña.




