ButacaZero estrea este venres no Teatro Rosalía de Castro “A velada de Londres”, a súa homenaxe a Manuel Lourenzo

01 Setembro 2026

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este venres 4 de setembro, ás 20:30 horas, a estrea absoluta de A velada de Londres, a nova produción da compañía ButacaZero. Dirixida por Xavier Castiñeira, a montaxe concíbese como un tributo á figura e ao legado do dramaturgo, actor e docente Manuel Lourenzo (1943-2025). A banda sonora corre a cargo da soprano e actriz noiesa Esperanza Mara.

Tras o longuísimo percorrido por escenarios de todo o Estado do seu anterior espectáculo Iribarne, a plataforma creativa que lideran Castiñeira e a dramaturga rianxeira Esther F. Carrodeguas regresa á carteleira para adentrarse por primeira vez no universo de Lourenzo. Faino con este texto, incluído no volume Veladas indecentes, que garda ademais un vínculo persoal con Castiñeira, quen traballou como axudante de dirección do propio autor nesta mesma peza nos seus inicios profesionais.

En A velada de Londres, a trama parte do retorno de Jonathan Harker á súa vida burguesa tras a viaxe aos Cárpatos e a súa posterior experiencia obsesiva co conde Drácula. A través dunha estética vitoriana que se vai trasformando a medida que o elemento atávico se apodera do espazo, a proposta afástase do terror convencional para abordar a tensión entre a razón e os instintos, entendendo a figura do vampiro como un símbolo de liberación e aceptación do desexo.

A posta en escena integra de xeito orgánico o traballo interpretativo dos actores Xurxo Cortázar, Sophia Rodal e Teo Piñeiro xunto á voz e o violonchelo de Esperanza Mara, quen executa a banda sonora orixinal composta para o espectáculo por Iago Hermo.

As entradas para a función do venres 4 de setembro están dispoñibles a través da plataforma Ataquilla.com e no despacho de billetes do Teatro Rosalía de Castro.

Como complemento á representación, o público que acuda o venres ao teatro poderá acceder no vestíbulo á exposición Manuel Lourenzo. A pegada que continúa, un percorrido pola vida profesional de Lourenzo que axudará a comprender ao público asistente a importancia da figura do dramaturgo, director, docente, editor e actor na construción do noso teatro. A exposición poderá verse en cada unha das representacións a partir da estrea.

Sinopse

Segundo explican dende ButacaZero, a elección de A velada de Londres ten tamén unha razón profundamente vinculada á historia da propia obra: en 1999, Xavier Castiñeira foi axudante de dirección de Manuel Lourenzo na súa posta en escena. Case tres décadas despois, Castiñeira retoma aquel texto desde a súa propia mirada e a súa concepción do teatro.

A Velada de Londres mergúllanos na súa visión sobre o universo de Drácula, unha das súa obsesións creativas. Nela imaxina unha escena tras o primeiro capítulo da novela de Bram Stocker, cando Jonathan Harker coñece ao conde en Transilvania. No retorno a Londres xunto á súa muller Mina, Jonathan revive obsesivamente aquela experiencia, e a súa relación esborrállase entre o desexo, o medo e a fascinación.

A presenza en escena da noiesa Esperanza Mara, chelista e soprano, farán que o público poida disfrutar dunha velada teatral, pero tamén musical.

A representación completarase cunha pequena exposición dedicada á vida, obra e legado de Manuel Lourenzo. Un convite a descubrir e celebrar a memoria dun creador que deixou unha pegada imborrable no teatro galego.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.