Unha persoa sofre queimaduras logo dun incendio dunha vivenda en Padrón

09 Agosto 2026

Os servizos de emerxencias confirmaron que sufrira queimaduras a consecuencia do incendio.

Varios particulares chamaron ao 112 Galicia para informar deste lume, rexistrado minutos despois das 2:30 horas nunha vivenda da Praza das Macías, en Padrón. Os alertadores explicaron que ardía o ático e que podía haber persoas afectadas.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Boiro e o GES de Padrón. Tamén se informou aos Bombeiros de Ribeira. As lapas calcinaron unha habitación e o resto da vivenda quedou afectada polo fume.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión