Un helicóptero evacúa de urxencia a un xinete tras sufrir unha caída de cabalo en Lousame

04 Agosto 2026

Unha persoa tivo que ser evacuada este martes a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago tras sufrir unha aparatosa caída mentres montaba a cabalo no concello de Lousame.

Os feitos producíronse arredor das 17:30 horas da tarde na parroquia de Tállara. Un particular contactou co centro de atención ás emerxencias do 112 Galicia para dar a voz dalarma, indicando que a vítima se atopaba ferida nunha zona de difícil acceso rodeada de abundante vexetación.

Ante a dificultade do terreo e a necesidade de asistencia rápida, o 112 mobilizou de inmediato un operativo no que coordinou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia e á agrupación de Protección Civil de Lousame.

A rápida intervención dos servizos en terra permitiu letrar a asistencia ata a chegada do helicóptero do 061, que puido tomar terra nas proximidades do lugar do accidente. A persoa ferida, que se mantivo consciente en todo momento, foi atendida polos efectivos sanitarios no propio punto antes de ser trasladada por aire ao seu hospital de referencia para recibir atención especializada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.