Trémola Teatro leva ao Centro Social de Escarabote (este martes) o seu espectáculo “O segredo da biblioteca”

10 Agosto 2026

Esta semana a rapazada de Escarabote poderá desfrutar dunha sesión de narración oral infantil.

Trémola Teatro vai levar o seu espectáculo O segredo da biblioteca ao Centro Social de Escarabote. A cita será este martes 11 de agosto ás 11.30 horas.

Estamos ante un contacontos participativo no que o público acompaña a Iria nunha aventura chea de misterio. A través de xogos, pistas e libros que falan, nenas e nenos descubrirán o segredo mellor gardado do reino das historias.

Trátase dun espectáculo abeirado ao programa Ler Conta Moito (Secretaría Xeral de Lingua da Xunta).

Trémola Teatro é unha compañía teatral profesional nada a finais de 2017 e fundada por actrices formadas na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Está dirixida por Paula Regueiro e centra o seu traballo principalmente no teatro infantil, familiar e contacontos, con gran presenza en Galicia, Madrid e Castela-A Mancha.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.