Seguen adiante (coas debidas restricións) os traballos de limpeza do rueiro e da rede de sumidoiros de Rianxo

14 Agosto 2026

O Concello de Rianxo, a través das brigadas municipais, está a traballar estes días na limpeza integral do rueiro da vila rianxeira. Os labores forman parte do plan municipal de limpeza e desinfección, que segue adiante coas debidas restricións por mor dunha escaseza de auga que non ten visos de solucionarse.

Ás actuacións que se están a levar a cabo no centro de Rianxo sumaranse na segunda quincena de agosto unha serie de traballos de limpeza e mantemento da rede de sumidoiros.

Os ditos traballos incluirán a inspección, limpeza e desobstrución dos sumidoiros e arquetas, comezando polas áreas máis propensas á acumulación de auga. Desta maneira, búscase asegurar que o sistema de drenaxe estea en óptimas condicións para a época do outono e inverno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.