Domingo 2 de agosto Ribeira celebra o Día dos Maiores no fin das Festas de Verán coa queima de fogos de artificio

01 Agosto 2026

As festas de verán de Ribeira entran na súa quinta xornada e este domingo 2 de agosto, Día Dedicado aos Nosos Maiores, contémplase o Orballo Cultural, na praza de España, ás 21.00 horas, cos concertos de Catuxa Salom e Fillas de Cassandra. Tamén soará Nueva Línea, ás 00.30 horas, no Malecón, e, ás 02.00 horas, o DJ Rafa Astray. Nesa mesma xornada haberá ruada, ás 10.00 horas;sesión vermú con música dos 80 e 90, no parque García Bayón, con Dani Fontaíña, ás 12.30 horas; e quedada linedance con Taller Alecrín e Dani Fontaíña, na praza do Concello, ás 20.00 horas. O espectáculo de fogos de artificio, ás 00.00 horas, dende o paseo do Touro porá o broche de ouro ás festas. Ademais, haberá un servizo de préstamo de cascos de redución do ruído a cargo de BarbanTEA, a carón do edificio de Cruz Vermella, no Malecón.

Finalmente e como xa é tradición, no luns, 3 de agosto, polo Día do Neno e da Nena, tódalas atraccións de feira terán prezos populares. O horario sen música e ruído para a inclusividade de persoas neuridiverxentes ou con sensibilidade sensorial e auditiva será tódolos días, de 20.00 a 21.30 horas, na zona das atraccións, coa colaboración de ÁGAPE, BarbanTEA e os feirantes.

Pola sua banda este domingo 2 de agosto celebrase A XXVII Festa do Percebe de Aguiño. Sera no porto da vila dende as 12.00h . Haberá degustacións até esgotar existencias e música en directo para amenizar esta importante celebración gastronómica e cultural. Organiza a Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño.

Calcúlase que se vai distribuír unha tonelada de produto, e que cada ración contará cuns 350 gramos de crustáceo. Previamente farase entrega dos Percebeiros de Honra que este ano serán entregados a José Manuel Vilas (presidente del Xuventú Aguiño) e Ciprián Rivas (presidente do Ateneo Valle-Inclán e impulsor del libro conmemorativo da Confraría) .

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.