Ribeira acolle unha mostra os proxectos galegos apoiados con fondos europeos

12 Agosto 2026

A exposición itinerante sobre os proxectos co-financiados en Galicia a través de fondos europeos recala na praza do Centenario de Ribeira ata o 21 de agosto.

Trátase dunha mostra promovida pola Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia que consta dunha vintena de paneis informativos repartidos en cinco estruturas con forma de cubo, os cales repasan o desenvolvemento que experimentou Galicia nas últimas décadas con motivo de programas europeos e as oportunidades de financiamento que ofrecen e que atinxen a distintos ámbitos, dende infraestruturas a emprego e formación.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión