Rianxo acolle unha xornada de cerámica e olería o 17 de outubro (Rede Galega de Oficios Vivos)

31 Agosto 2026

O sábado 17 de outubro, Rianxo acollerá unha nova xornada do programa de voluntariado interxeracional Rede Galega de Oficios Vivos, unha iniciativa gratuíta da Xunta de Galicia destinada á recuperación e transmisión dos oficios tradicionais, así como á posta en valor das súas posibilidades de emprego e autoemprego.

A xornada estará dedicada ao oficio tradicional da cerámica e a olería (alfarería), da man da oleira O Rulo. As persoas participantes coñecerán os materiais, ferramentas e procesos propios deste oficio e poderán achegarse de maneira práctica á elaboración artesanal de pezas cerámicas.

A actividade combinará explicacións, demostracións e práctica, favorecendo a aprendizaxe e a transmisión interxeracional dos saberes tradicionais galegos.

A cita será o sábado 17 de outubro no Cuartel Vello (praza Castelao, 218), con horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. A participación será de balde, con prazas limitadas. A xornada vai dirixida principalmente a persoas maiores de 55 anos e a mozas e mozos de 16 a 35 anos, aínda que tamén poderán participar persoas de ata 54 anos. As inscricións compre facelas a través da web Programa de Voluntariado Interxeracional Rede Galega de Oficios Vivos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.