Remata con xogos e diversión a 3ª quenda do Concilia Verán de Noia

01 Agosto 2026

Rematou xullo e co remate do mes finalizou a terceira quenda do programa Concilia de Verán do Concello de Noia, chegando xa ao ecuador desta edición.

A concelleira de Educación e Mocidade, Ana Blanco, acompañou á rapazada neste último día de quenda, compartindo con eles unha mañá (a do venres 31) chea de xogos, risas e moi bo ambiente. O programa incluíu obradoiros, deporte, excursións, auga, novas amizades e moitas aventuras: un completo feixe de actividades que buscaban garantir unhas vacacións divertidas e creativas para a rapazada e botar unha man ás nais e aos pais que teñen que seguir traballando en período vacacional.

O programa Concilia de Verán do Concello de Noia configúrase como un servizo esencial para axudar ás familias na conciliación familiar e laboral durante as vacacións escolares. Este servizo desenvólvese baixo o marco da nova ordenanza Noia Concilia, deseñada para garantir estas axudas durante todos os días non lectivos do ano.

Esta edición acadou un récord histórico de solicitudes, superando as 220 peticións nas quendas con maior capacidade (preparadas para 160 prazas).

A cuarta quenda do campamento comeza este 1 de agosto (ata o 15, cando dará comezo a quinta).

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.