
Portos de Galicia está a traballar estes días no que será o valado definitivo da pasarela do Paseo Marítimo, dando cumprimento ao acordado na reunión mantida hai unhas semanas co alcalde de Noia, Fran Pérez.
Trátase dunha medida necesaria para garantir a seguridade, mentres se avanza na solución definitiva para esta infraestrutura.

O Concello de Noia e Portos de Galicia anunciaron que proseguirán traballando da man no convenio comprometido por ambas administracións, que “permitirá impulsar a renovación da pasarela e recuperar este espazo tan importante para a nosa vila”, informou o Concello.
Como lembraremos, este pasado inverno a galerna Nils azoutou a nosa comarca con ventos de máis de 80 quilómetros por hora, provocando desperfectos de consideración no paseo marítimo de Noia, En concreto, os refachos derrubaron parte das varandas de madeira do paseo, cuxos restos caeron á ría.




