Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

07 Agosto 2026

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur

Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta

Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo que se garante o respecto polo medio natural e se reivindican os valores ambientais, patrimoniais e culturais.

O Camiño do Litoral, impulsado pola Xunta de Galicia como unha das actuacións estratéxicas da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral, propón un percorrido continuo de máis de 1.300 quilómetros entre Ribadeo e A Guarda que permite coñecer a costa galega desde unha perspectiva sostible, conectando espazos naturais de gran valor, vilas mariñeiras e elementos de interese patrimonial ao longo de 52 etapas e 78 concellos costeiros.

A iniciativa nace co obxectivo de reforzar a posta en valor do litoral galego, mostrando unha costa viva na que a protección do patrimonio natural e cultural convive coa actividade económica e social.

Ángeles Vázquez presentou o Camiño do Litoral na última edición de FITUR en Madrid

Para facer realidade este proxecto, a Xunta destina este ano 1,4 millóns de euros a distintas actuacións co obxectivo de acondicionar o percorrido, reforzar a seguridade dos usuarios, dotar á ruta dunha identidade visual propia e desenvolver ferramentas que facilitan a súa utilización. A maior parte do investimento –1,1 millóns de euros– dedícase á execución de traballos de limpeza e roza, mellora da drenaxe, adecuación de firmes e apertura puntual de novos treitos para garantir un itinerario continuo e plenamente transitable.

O proxecto salienta en parte por propor o aproveitamento da infraestrutura xa existente ao longo da costa. De feito, arredor do 90 % do trazado discorre por sendas, camiños e pistas xa consolidadas, polo que só foi necesario programar actuacións puntuais no 10 % restante para asegurar a continuidade e accesibilidade da ruta.

O Camiño do Litoral conta tamén cunha sinalización específica, deseñada para ofrecer unha imaxe homoxénea ao longo de todo o percorrido. Cun investimento de 200.000 euros, os sinais están elaborados con materiais reciclados e preparados para soportar as condicións ambientais propias do litoral, facilitando a orientación dos usuarios en todas as etapas.

A experiencia complétase cunha aplicación móbil oficial, xa dispoñible para a súa descarga gratuíta en dispositivos iOS e Android. A ferramenta permite consultar as 52 etapas do percorrido, acceder á información práctica de cada tramo, localizar os elementos incluídos no Catálogo de bens de valor cultural no litoral e coñecer mellor o patrimonio natural e paisaxístico da contorna, converténdose nunha guía dixital para acompañar aos usuarios durante toda a ruta.

Alfonso Rueda percorre un tramo do Camiño do Litoral ao seu paso por Carnota

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.