Os bombeiros e Protección Civil sufocan un incendio na cociña dunha vivenda no Touro

07 Agosto 2026

Despregamento de urxencia na tarde deste venres en Ribeira. Dotacións do Parque de Bombeiros de Ribeira, o parque comarcal de A.D.C. Bombeiros de Boiro e a Agrupación de Voluntarios e Servizo Municipal de Protección Civil de Ribeira mobilizáronse tras recibirse a alerta por un incendio rexistrado na cociña duns immoble situado no lugar do Touro.

A ata o lugar dos feitos desprazáronse tamén efectivos da Policía, que colaboraron no aseguramento da zona e no dispositivo de emerxencia.

Segundo as primeiras informacións, o fogo orixinouse na estancia da cociña por causas que se investigan. Grazas á rápida intervención dos servizos de emerxencia, os efectivos puideron controlar e extinguir con presteza as chamas, evitando que a propagación do lume afectase ao resto da vivenda e aos inmobles lindeiros.

Polo momento atópanse realizándose tarefas de ventilación e revisión da estrutura para avaliar a magnitude dos danos materiais causados polo fume e as chamas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.