O PSOE do Porto do Son mostra a súa preocupación pola situación económica do Concello

25 Agosto 2026

O Grupo Municipal Socialista de Porto do Son emitiu un comunicado no que mostra a súa preocupación pola situación económica do Concello. Fíxoo despois de que o Goberno local levase ao pleno unha operación de crédito a longo prazo por 549.132 euros para financiar diferentes obras e investimentos municipais.

“Desde o PSOE deixamos claro que compartimos a necesidade de realizar as actuacións que se inclúen neste expediente, entre outras, obras de saneamento en Basoñas, Seoanes e Queiruga, a renovación do parque infantil de Nebra, da cuberta do consultorio de Portosín, da Casa da Cultura de Caamaño ou diferentes melloras en vías municipais”, sinalan dende a formación, engadindo que “se ben non imos votar en contra de facer un saneamento ou de arranxar unha estrada que o necesita, nunca o fixemos, unha cousa é apoiar as obras e outra non dicir nada sobre como chegamos á situación de ter que pedir máis de medio millón de euros a unha entidade bancaria para poder facelas”, engaden.

Para os socialistas “resulta difícil entender esta situación tendo en conta que Porto do Son conta actualmente cos orzamentos máis elevados da súa historia e que nos últimos anos os veciños tamén tiveron que asumir diferentes subidas de impostos e taxas municipais”.

“Vimos de continuas subidas de impostos co argumento de que era necesario incrementar os ingresos municipais. Temos máis orzamento ca nunca e agora, ademais, temos que acudir ao banco. Cremos que é lóxico preguntarlle ao goberno local que está pasando coas contas do Concello”, apuntan.

O PSOE di no comunicado que “durante anos o Partido Popular utilizou como argumento da súa xestión económica que Porto do Son non tiña débeda con entidades bancarias, aínda que si existisen cantidades pendentes con outras administracións. Era algo do que presumían, por iso chama aínda máis a atención que agora sexa o propio goberno do PP o que propoña volver ao endebedamento bancario cun préstamo de máis de medio millón de euros”, indican.

Os socialistas tamén cuestionan a planificación do Goberno municipal, xa que, segundo din, “a propia Alcaldía cualifica no expediente estas actuacións como urxentes e prioritarias e, ao mesmo tempo, foi necesario tramitar un crédito extraordinario porque non existía crédito suficiente para realizalas”. 

Afirman que “se eran obras prioritarias, algunhas delas ademais correspondentes a necesidades que veñen de atrás, o normal sería que estivesen previstas. Estamos falando de saneamento, estradas, parques ou edificios municipais, non de actuacións que apareceran de maneira inesperada”.

Mostran tamén a súa preocupación á vista dos informes de Intervención que acompañan o expediente: “Nun deles”, din, “advírtese expresamente de que financiar investimentos con débeda prexudica o cumprimento do obxectivo de estabilidade no ano no que se produce o gasto”. E engaden: “Non estamos dicindo que o Concello non poida pedir este préstamo nin cuestionamos a súa legalidade. O que dicimos é que estes informes merecen ser tomados en serio. Non parece razoábel presumir dunha situación económica extraordinaria cando o propio interventor está facendo este tipo de advertencias”.

E conclúen: “Desde o PSOE insistimos en que a nosa posición non pretende frear ningún dos investimentos previstos. Queremos que se fagan as obras, porque son necesarias. Pero tamén temos a responsabilidade de controlar como se administran os cartos de todos. E despois de anos de subidas de impostos, cos maiores orzamentos que tivo Porto do Son e despois de escoitar durante anos que este Concello non debía cartos aos bancos, ter que solicitar agora un préstamo de 549.000 euros parécenos un síntoma preocupante e cremos que o goberno municipal debe dar explicacións”.

O Grupo Municipal Socialista pedirá tamén ao Goberno que aclare as condicións nas que se formalizará a operación, o prazo de devolución e o custo que terá para as arcas municipais, así como se existe previsión de recorrer a novas operacións de crédito para financiar investimentos nos próximos exercicios.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.