O Pleno ordinario da Pobra continúa tras o abandono da sesión por parte do Grupo Municipal do PP

06 Agosto 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou este xoves unha nova sesión ordinaria do Pleno municipal. Ao inicio da sesión, o Grupo Municipal do PP decidiu abandonar o salón de plenos ao manifestar o seu desacordo coa celebración da sesión no día de hoxe.

Durante a súa intervención, o voceiro do grupo popular defendeu que o Pleno ordinario debía terse celebrado no mes de xullo. Pola súa banda, o alcalde explicou que o cambio de data fora comunicado previamente a todos os grupos municipais, debido á imposibilidade de asistencia do interventor na data inicialmente prevista. Segundo sinalou, ningún grupo manifestou inconvenientes para celebrar a sesión no día de hoxe e o Grupo Municipal do PP avanzou que presentaría igualmente un escrito sobre esta cuestión, polo que se mantivo a convocatoria.

Tras a saída do Grupo Municipal do PP, a sesión continuou co desenvolvemento da orde do día. Tanto o alcalde como o resto das persoas representantes presentes coincidiron en que, por responsabilidade coa veciñanza, cumpría continuar co Pleno para debater e someter a votación os asuntos previstos.

Todos os puntos sometidos a votación foron aprobados por unanimidade das e dos representantes presentes, agás a proposta relativa ás festividades locais para o ano 2027, que saíu adiante coa abstención do BNG. 

Así mesmo, a Corporación acordou, por responsabilidade institucional e en consideración ao Grupo Municipal do PP, aprazar as dúas mocións presentadas por este grupo, correspondentes aos puntos 13 e 14 da orde do día, para seren debatidas e votadas na seguinte sesión plenaria, coa presenza de todas as concelleiras e concelleiros. 

A sesión rematou coa quenda de rogos e preguntas.

O Pleno foi retransmitido en directo e permanece dispoñible na canle oficial de YouTube do Concello. A veciñanza pode acceder á gravación íntegra para coñecer o desenvolvemento da sesión, as intervencións dos distintos grupos municipais e os argumentos expostos en cada un dos asuntos tratados. Ademais, como é habitual, as sesións plenarias poden seguirse tanto de maneira presencial como a través da retransmisión en directo, reafirmando o compromiso do Concello coa transparencia e co acceso á información pública.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.