O obradoiro de Emprego Tahume XI inicia as actuacións de carpintería e mellora ambiental no concello sonense 

03 Agosto 2026

O alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Tahume XI continúa coa posta en marcha das actuacións previstas dentro do programa formativo, combinando a aprendizaxe práctica coa realización de traballos de interese para a veciñanza.

Na especialidade de carpintería, o alumnado iniciou os primeiros traballos no taller, onde está a desenvolver as prácticas correspondentes á súa formación, adquirindo experiencia no manexo de ferramentas, maquinaria e técnicas propias do oficio.

Paralelamente, o alumnado da especialidade forestal está a levar a cabo labores de limpeza, desbroce e acondicionamento en distintos espazos naturais do municipio. Durante estas primeiras semanas, os traballos céntranse na contorna do Castro de Baroña e na zona de Coira, contribuíndo á conservación destes espazos, á mellora da súa imaxe e á prevención do risco de incendios.

O Obradoiro de Emprego Tahume XI continúa así o seu labor formativo e de servizo público, permitindo que o alumnado adquira experiencia profesional ao tempo que realiza actuacións que repercuten positivamente na mellora do patrimonio natural e dos espazos de uso público do concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.