O IV Torneo Solidario Interparroquial recada 9.885 euros en beneficio de ASANOG

13 Agosto 2026

O IV Torneo Solidario Interparroquial celebrado o 27 de xuño en Vista Alegre logrou recadar 9.885 euros en beneficio de ASANOG, a Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia. O concelleiro, Marcos Fajardo, participou no acto de entrega xunto con Lara Buig e Marga Hermo, da organización; e Fran Allo e José de Jesús, de ASANOG.

Trátase dunha xornada de deporte e solidariedade na que participa a hostalaría local e equipos de cada unha das parroquias.

“Comezamos esta andaina hai catro anos e levamos recadados xa mais de 40.000 euros que contribúen a que ASANOG poidan desenvolver a súa actividade”, recoñeceron dende a organización, agradecendo a todas as empresas e persoas que contribúen a que sexa posíbel levar a cabo esta iniciativa solidaria.

ASANOG é unha entidade que presta apoio económico, psicolóxico e de acompañamento a familias de nenos e nenas con cancro. Por parte da entidade agradeceron a implicación da organización, a Administración local, as empresas colaboradoras e a veciñanza porque “cando un pobo se xunta xorden cousas tan bonitas coma esta”, comentaron.

Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a toda a organización que fixo posible a recadación para ASANOG: “Dende o Concello de Boiro imos estar sempre ao lado de iniciativas como esta que implica a toda a sociedade boirense nunha tarde de deporte, fútbol, diversión e que colabora cunha boa causa”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.