O ilusionista Pedro Volta ofrecerá un espectáculo de maxia no Auditorio de Ribeira no 4 de outubro

06 Agosto 2026

Ribeira será unha das paradas dentro da xira galega do ilusionista Pedro Volta co seu espectáculo Magic Space, que ofrecerá no Auditorio Municipal no 4 de outubro, ás 18.00 horas.

Trátase dun espectáculo que combina maxia e tecnoloxía, cunha simulación virtual da mítica misión Apolo II. Estamos pois ante un show interactivo dirixido a público familiar e protagonizado polo propio Volta; un recoñecido ilusionista cunha ampla traxectoria profesional que percorreu os
principais teatros de Galicia, China, Estados Unidos ou Australia, ademais de contar con numerosas aparicións en programas da televisión galega e estatal.

“Traballamos xa na programación cultural para o outono e inverno con espectáculos que dinamicen o noso municipio durante esta época, focalizados en espazos ao acubillo. Seguimos así enchendo de actividades o noso buque insignia da cultura como é o Auditorio municipal, desta vez, con maxia”, en palabras da concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

A venda das entradas comeza no luns, 17 de agosto, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da Casa Consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 10 euros, máis gastos de xestión.

Outros artigos

A pintura de Rosa Fernández Caamaño regresa a Noia

O Casino de Noia acolle do 4 ao 31 de agosto unha nova exposición da artista noiésa Rosa Fernández Caamaño, unha oportunidade para descubrir a obra dunha creadora profundamente vencellada á súa terra de orixe. Nada en Noia, Rosa Fernández Caamaño desenvolveu a súa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.