O Concello de Ribeira inicia as obras de renovación do parque infantil de Coroso

05 Agosto 2026

O Concello de Ribeira comezou as obras para a renovación do parque infantil de Coroso ao abeiro dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, pola cal o ente autonómico financia as obras na súa totalidade.

A intervención focalízase na retirada dos xogos antigos e a demolición do pavimento de caucho e soleiras de formigón.

Co esta actuación preténdese ampliar a oferta de ocio infantil da zona, construíndo un novo parque con elementos de madeira e un pavimento que se integre mellor coas condicións naturais da contorna.

Os elementos a instalar son un xogo lineal tipo parkour, un equipo combinado con estrutura en forma de casiña, unha cunca xiratoria, a figura dun golfiño con suspensión e unha randeeira de tres prazas. As ditas pezas contarás coas súas respectivas cimentacións e, ademais, estenderase unha capa de area lavada.

As obras son executadas pola empresa Juegos Kompan, S.A. por un investimento de 48.202,77 euros, IVE incluído, e o prazo de execución é de mes e medio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.