O Concello de Ribeira felicita ao deportista Jesús Mosquera polos seus recentes logros no mundo do trail

07 Agosto 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, recibiron ao deportista ribeirense Jesús Mosquera polos últimos éxitos acadados: terceiro posto por equipos e sétimo na clasificación xeral individual no CISM Military Ultramarathon Challenge celebrado en marzo deste 2026 en Portugal, así como campión por equipos co Equipo Nacional de Carreira de Montaña da Garda Civil no Trail Valle del Genal, en Ronda, en outubro do 2025.

Lembraron que este deportista de Ribeira conta cunha dilatada traxectoria no ámbito das forzas de seguridade iniciada en setembro do 2002. Xa estivo en dúas misións en Afganistán nos anos 2005 e 2006/2007, ingresou na academia de formación da Garda Civil en Baeza, en Jaén, en agosto do 2008 e, dende febreiro do 2018, o seu destino é a Comandancia da Cidade Autónoma de Melilla.

No que respecta ao seu historial deportivo, participou en numerosos trail como o Ultra Trail Costa Tropical, en Motril, onde quedou segundo na clasificación xeral; o CXM Ultra Trail Bosques del Sur, en Cazorla, acadando o ouro por equipos; o Trail Benéfico Guardia Civil Melilla, quedando primeiro; ou a Media Maratón Ciudad de Melilla, logrando o quinto posto na clasificación xeral e o primeiro na súa categoría; todos eles no 2024.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.