O Concello de Rianxo mellora o parque do Campo de Arriba e remodelará a zona deportiva

14 Agosto 2026

O Concello de Rianxo está a efectuar estes días traballos de reparación de varios elementos de xogo da zona de ocio infantil do Campo de Arriba, elementos que presentaban diversos desperfectos polo uso da rapazada e polo deterioro do paso do tempo. Ademais, nas vindeiras semanas comezarán tamén os traballos de remodelación da zona deportiva situada na contorna superior, a carón do Campo de Arriba. Instalarase unha pista polideportiva e un circuíto de calistenia. O proxecto conta cun orzamento de 48.380,64€. Para estes traballos o Concello recibiu unha axuda da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes por importe de 33.866,45€. “Trátase dunha actuación que obedece a unha vella demanda das familias rianxeiras dada a falta deste tipo de espazos na vila”, informou o Concello. O proxecto inclúe a creación dun circuíto específico de ximnasia ao aire libre, outra demanda de moitos veciños e veciñas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.