O Concello de Boiro demanda á Xunta o arranxo do edificio de infantil do CEIP Santa María do Castro

13 Agosto 2026

O tenente de alcalde de Boiro, Luís Ruiz, a concelleira de Ensino, Carmen Silva, e o concelleiro Roberto Lojo, visitaron esta mañá as instalacións do CEIP Santa María do Castro (Cabo de Cruz) para poñer en valor as melloras realizadas no centro e demandar da Xunta de Galicia o arranxo do edificio de infantil.

“No outono de 2020, logo de varias conversas sobre o mal estado das fachadas e problemas de humidade que presentaba o CEIP Santa María do Castro, chegouse a un acordo entre o Concello de Boiro e a Xefatura Territorial da Consellería de Educación para o arranxo da envolvente do centro”, recordou o tenente e alcalde, lembrando tamén que no ano 2021 o Concello de Boiro levou a cabo unha actuación por importe de 114.000 euros para o arranxo do edificio principal do centro, comprometéndose a Delegación Territorial a arranxar o edificio pequeno.

“Dende entón foron numerosas as ocasións nas que, tanto por parte do Concello como pola dirección do propio centro, demandouse á Xefatura Territorial que levase a cabo a súa parte do acordo e arranxase a fachada exterior do edificio de infantil”, afirmou Luís Ruiz, apuntando que “seis anos despois daquel acordo o edificio de infantil do CEIP Santa María do Castro presenta unhas malas condicións para comezar o curso escolar 2026/2027”.

Tamén recoñeceu que “hai uns meses o novo xefe territorial mantivo unha xuntanza con este Concello para coñecer as principais necesidades dos centros de ensino e o arranxo deste edificio foi a primeira delas”. O Concello de Boiro demanda á Consellería de Educación da Xunta de Galicia que cumpra co seu acordo e que arranxe o edificio de infantil do CEIP Santa María do Castro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.