A Autovía do Barbanza (AG-11) rexistra novos cortes de tráfico desde este xoves 6 de agosto ata o martes 11 de agosto (ambos incluídos) debido aos traballos de acondicionamento da vía.
Principais afectacións ao tráfico:
- Feche da calzada dereita: Pechase a circulación á altura da saída 19 (enlace de Taragoña) en sentido Ribeira.
- Transfer habilitado: A habilítase un paso de mediana para desviar o tráfico cara á calzada esquerda da AG-11, garantindo así a fluidez e a circulación en todo momento.
Sobre o proxecto: Estas actuacións forman parte do proxecto de acondicionamento do firme nos máis de 40 km da AG-11, cunha inversión de máis de 10,5 millóns de euros. As obras executanse por tramos de aproximadamente 4 km para minimizar o impacto na circulación, alternando os desvíos segundo evolúan os traballos.




