No Concello de Muros, David Pastoriza toma posesión do seu cargo como técnico de xestión cultural

04 Agosto 2026

Co remate do mes de xullo tomou posesión do seu cargo no Concello de Muros o seu novo técnico de xestión cultural, David Pastoriza.

David, que asume esta nova andaina na súa carreira profesional tras superar un proceso selectivo de promoción interna, xa viña traballando no departamento de Cultura do Concello de Muros desde o ano 2004, exercendo previamente como monitor cultural. É diplomado en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), técnico en Produción de Audiovisuais e Espectáculos pola EIS Coruña e conta con estudos no Grao de Xestión Cultural da USC.

Como responsábel técnico da área cultural, encárgase da organización e promoción de eventos municipais así como da programación cultural trimestral, entre outros cometidos relevantes.

“Desde o primeiro día de mandato, desde o Concello traballamos para consolidar e incrementar o persoal municipal, unha xestión que non se ve na rúa pero é imprescindible para mellorar os servizos públicos municipais”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago.

“Seguiremos nesta liña, a pesares das dificultades e limitacións que temos as administracións locais, para reforzar o persoal municipal e os servizos á veciñanza”, engade a alcaldesa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.