
A Lonxa de Cabo de Cruz (Boiro) vai dar acollida este venres 14 de agosto a un espectáculo de circo para a toda a familia. Trátase de Deixar, unha sesión de clown e música en directo que inclúe tamén acrobacias e baile contemporáneo. Será este venres a partir das 20.00 horas.
Deixar é unha proposta de Teatro Circo Danza de Clown N+1 con música en directo.
N+1 xorde no 2019 da man de Alfredo Pérez, unha referencia no mundo do teatro xestual, a danza e o clown en Galicia. Este intérprete caracterízase pola súa multidisciplinariedade e a diversidade de proxectos nos que ten participado ao longo da súa carreira.



