Mércores 5, nubes e claros con ceo máis despexado pola tarde

04 Agosto 2026

Galicia experimentará este mércores un progresivo asentamento das altas presións que deixará un escenario meteorolóxico marcado polo retorno do vento de compoñente norte. A xornada arrincará con abundantes nubes baixas e probabilidade de orballos, que serán máis frecuentes no tercio norte da comunidade.

Co paso das horas, a cobertura nubosa irase disipando de xeito desigual. A metade sur gozará de grandes clareiros e ceos moi abertos cara á tarde, mentres que no norte manterase a presenza de nubes e algún orballo ocasional, especialmente concentrado na comarca da Mariña.

No tocante aos termómetros, as temperaturas manteranse en valores similares aos dos últimos días ou rexistrarán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de norte en xeral, gañando intensidade pola tarde para deixar intervalos de carácter moderado nas Rías Baixas. (Máximas de 25 a 28 graos).

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.