Máis de cento cincuenta nenos e nenas participaron na Corna (Palmeira) na última cita coas esculturas de area

10 Agosto 2026

A creatividade volveu tomar o litoral ribeirense coa terceira edición da xuntanza de esculturas de area na súa última parada que tivo lugar na praia da Corna, en Palmeira, durante a tarde do sábado, 8 de agosto, coincidindo coas festas do verán desta parroquia. Máis de cento cincuenta nenos e nenas modelaron a area en forma, principalmente, de animais mariños. Así, o cabaliño de mar, Snoopy e a lura erixíronse como gañadores despois da deliberación do xurado integrado polo equipo de AGAPE.

Nesta xornada estiveron presentes o concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes, e o edil de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, para comprobar o desenvolvemento da actividade que, se ben dirixida á rapazada, xunto ás súas familias, mobilizou a unhas 400 persoas no dito areal, converténdose na máis numerosa desta convocatoria.

Trátase dunha cita promovida polo Concello de Ribeira e coordinada por Suso Paz, coa colaboración de diversas empresas locais, que busca crear un espazo de encontro interxeracional e alternativas de lecer a carón do mar como unha forma de poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos vinculados ás zonas marítimas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.