Este venres comezan as Festas de Cespón 2026

13 Agosto 2026

Este venres 14 comezan as Festas de Cespón, unhas moi relevantes celebracións que ofrecerán cinco días de troula, ata o martes 18 de agosto, cun completo programa de actuacións musicais, actividades relixiosas e propostas lúdicas para a rapazada.

A festa comezará o venres ás 22.00 horas cunha gran verbena a cargo de Reflejos, Disco Planet e Manu X.

O día seguinte, adicado á Nosa Señora dos Ánxeles, comezará cunha ruada a cargo de Os Pequenos do Barbansa. Logo haberá misas cantadas cada hora a partir das 9.00 horas. Participará a Banda de Gaitas San Pantaleón. Ás 13.00 horas haberá unha misa solemne na Capela de San Roque cantada polo Coro de San Vicente de Cespón. Ás 14.00 horas haberá unha sesión vermú con Rumbo Norte e ás 21h unha misa solemne co Coro de San Vicente de Cespón. Pola noite (ás 22h) celebrarase unha gran verbena con Rumbo Norte, o Dúo Elite e Disco Eme Music.

O domingo 16 de agosto, día adicado a San Roque, comezará cunha ruada con Os Pequenos do Barbansa e Charanga Noroeste. Ao mediodía (ás 12h) haberá unha misa solemne co Coro de San Vicente de Cespón e unha procesión coa Charanga Noroeste. Ás 13h comezará unha sesión vermú co Dúo D’Vicio. Pola noite, gran verbena co Dúo D’Vicio e o Grupo Platinum.

O luns 17 será o día na honra de San Antón. Ás 12h haberá unha misa solemne co Coro de San Vicente de Cespón. Logo haberá unha sesión vermú coa Charanga Noroeste. Pola noite verbena co Dúo La Noche e a Orsquesta Los Españoles.

O martes 18 de agosto será o día adicado a San Xosé. Ás 12 haberá unha misa solemne cantada polo Coro de San Vicente de Cespón. Logo haberá unha sesión vermú coa Charanga Noroeste. Pola tarde a rapazada será a total protagonista, cos inchábeis, o tobogán de auga e os xogos de Infantilandia (haberá mago).

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.