En Rianxo, o Concello adxudica por 48.380,64 euros a remodelación da zona deportiva do Campo de Arriba

24 Agosto 2026

O Concello de Rianxo informou da adxudicación do proxecto destinado a remodelar a zona deportiva situada a carón do Campo de Arriba. En palabras do alcalde, Julián Bustelo, estamos ante “unha actuación que obedece a unha vella demanda das familias rianxeiras dada a falta deste tipo de espazos na vila”.

O proxecto inclúe a creación dun circuíto de calistenia e unha pista deportiva.

A actuación conta cun orzamento total de 48.380,64€.

Para estes traballos o Concello recibiu unha axuda da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes por importe de 33.866,45€.

“Trátase dunha actuación que obedece a unha vella demanda das familias rianxeiras dada a falta deste tipo de espazos na vila”, informou o Concello. Como dixemos, o proxecto inclúe a creación dun circuíto específico de ximnasia ao aire libre, outra demanda de moitos veciños e veciñas.

Lembrar que o Campo de Arriba vén de ser obxecto de melloras neste mes de agosto, concretamente a zona do parque infantil. Alí os operarios efectuaron traballos de reparación de varios elementos de xogo da zona de ocio infantil, elementos que presentaban diversos desperfectos polo uso da rapazada e polo deterioro do paso do tempo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.