Colle impulso o programa de emprego Xuventude II, centrado no mantemento de xardíns e zonas verdes

11 Agosto 2026

Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal, levan a cabo unha nova edición do seu programa conxunto de emprego e formación para a mocidade: o Obradoiro Xuventude II, para cuxa posta en marcha recibirán (a través do Concello de Boiro) unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Nesta nova edición o obradoiro estará centrado no mantemento de xardíns e zonas verdes.

Este proxecto permitirá formar e contratar a 16 alumnos/as-traballadores/as durante un período de 12 meses, combinando formación teórico-práctica con experiencia laboral remunerada.

A acción formativa desenvolverase na especialidade AGAO0208 – Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, unha cualificación profesional orientada á adquisición de competencias para a instalación, conservación e mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, favorecendo así a inserción laboral das persoas participantes.

As persoas interesadas en participar deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e
estar en posesión, como mínimo, do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente.

Nos vindeiros días daranse a coñecer, a través das canles oficiais dos concellos participantes, as bases da convocatoria, os requisitos completos, o procedemento de selección e os prazos de presentación de solicitudes.

Dende os consistorios de Boiro, Rianxo e A Pobra informouse tamén que as persoas interesadas en participar no programa deberán comprobar que teñen actualizados os seus datos na Oficina de Emprego. No caso de que sexa necesario realizar algunha modificación na súa situación, titulación, datos de contacto ou calquera outra información relevante para a súa demanda de emprego, deberán acudir á súa Oficina de Emprego antes do inicio do proceso de selección, co fin de garantir que cumpren os requisitos e poden ser incluídas na preselección de candidaturas.

Xa se poden consultar en liña as bases de selección alumnado (06/08/2026), as bases de selección para o equipo directivo (07/08/2026) e máis a convocatoria para o equipo directivo (07/08/2026).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.