Cáritas Diocesana de Santiago suma o seu apoio á campaña de emerxencia polo terremoto en Colombia

13 Agosto 2026

Cáritas Diocesana de Santiago fixo un chamamento á solidariedade tras informar da campaña de emerxencia activada pola Confederación de Cáritas Española para axudar ás vítimas do devastador terremoto que sacudiu Colombia o pasado 10 de agosto.

O seísmo, de magnitudo 7,4 e con epicentro no municipio de San José del Palmar (departamento do Chocó), golpeou con forza o centro e occidente do país afactando a doce departamentos. Segundo os últimos balances oficiais, a catástrofe deixa polo de agora 132 persoas falecidas e 1.495 feridas.

Resposta humanitaria sobre o terreo

Desde os primeiros momentos tras o tremor, Cáritas Colombia activou o seu Servicio Nacional de Emergencias. En coordinación coas Pastorales Sociales e as Cáritas Diocesanas locais (Istmina-Tadó, Quibdó, Pereira, Cali e Manizales), despregáronse equipos de emerxencia e voluntariado para chegar ás comunidades máis illadas e en zonas rurais de difícil acceso.

As tarefas prioritarias centranse actualmente no reparto urxente de alimentos, auga potable e produtos básicos de hixiene entre a poboación afectada.

Fondo de emerxencia e cooperación

Cáritas Española, que conta cunha longa traxectoria de traballo conxunto coa contorna colombiana en proxectos de paz e asistencia, mobilizou de inmediato 100.000 euros do seu Fondo de Emerxencias. Esta contía destinarase a cobrir necesidades básicas e urxentes:

  • Auga potable e asistencia alimentaria de primeira necesidade.
  • Atención sanitaria básica e kits de hixiene.
  • Aloxamento temporal para as familias que perderon o seu fogar.

Todas as persoas que desexen apoiar os labores de rescate e asistencia ás vítimas en Colombia poden realizar as súas achegas económicas na conta habilitada por Cáritas Española:

  • Entidade: CaixaBank
  • IBAN: ES76 2100 2208 3002 0025 4904
  • Concepto: Terremoto Colombia

Cáritas agradece profundamente a solidariedade da cidadanía coas persoas e comunidades que están a sufrir as devastadoras consecuencias desta catástrofe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.