As festas do Carme dos Pincheiros contan cun Espazo Violeta

10 Agosto 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal contará cun Espazo Violeta durante as festas do Carme dos Pincheiros 2026. O punto estará situado na praza do Alcalde Segundo Durán e permanecerá operativo durante catro xornadas das celebracións.

O Espazo Violeta estará dispoñíbel o venres 14 de agosto, de 23.00 a 01.00 horas; o sábado 15, de 20.00 a 01.00 horas; o domingo 16, de 23.00 a 01.00 horas; e o luns 17, de 23.00 a 01.00 horas.

Baixo a mensaxe Se ves ou sofres unha agresión: acude ao Espazo Violeta!, este punto busca contribuír á prevención e sensibilización fronte ás violencias machistas durante unhas datas nas que a vila reúne numerosas persoas arredor das diferentes propostas festivas.

A Concellería de Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal continúa apostando por políticas de igualdade e prevención das violencias machistas, co obxectivo de favorecer espazos de lecer seguros e respectuosos para todas as persoas.

A presenza do Espazo Violeta nas festas reforza este compromiso e incide na importancia da sensibilización e da responsabilidade colectiva para gozar das celebracións desde o respecto e a igualdade.

A iniciativa conta co apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e do Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.